Curso en Gondomar para traballadores activos, desempregados ou autónomos da Construción.

Imprimir
Casco-Albanil-300x240

Están abertas as inscricións para participar dun curso inicial de Prevencións en Riscos Laborais organizado pola Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar e a Fundación Laboral da Construción. O mesmo desenvolverase o día 29 de marzo no Centro Neural do concello de Gondomar, en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 h.

 

As persoas interesadas en participar neste curso gratuíto, deben inscribirse no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar onde deberán cubrir o impreso de solicitude e achegar fotocopia de DNI (ou cartón de residencia), fotocopia de cartón sanitario, así como cabeceira de nómina (se está traballando en empresa de construción), último recibo de autónomo (se é autónomo de construción) ou cartón de demandante de emprego (se son desempregados).

Os interesados poden dirixirse por máis información ao teléfono 986384020.