Baiona xestiona as convalidacións de experiencia laboral para titulacións oficiais de montaxe de tubaxe industrial e hostelería

Imprimir
As operacións básicas de restaurante bar terán convalidación - Imaxe: Javi Vte Rejas

O concello de Baiona pon a disposición das persoas interesadas en solicitar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou a formación non formal, o asesoramento necesario para tramitar o expediente que lles outorgará a convalidación de título oficial.

As persoas interesadas deben pedir cita co técnico do departamento de Traballo do Concello de Baiona no teléfono 986 385048.

Esta convalidación faise posible a través da Resolución do pasado mes de novembro ditada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e afecta ás seguintes especialidades "Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial" e "Operacións básicas de restaurante bar", esta última con gran incidencia no municipio de Baiona.

Os requisitos que se esixen ás persoas que queiran obter o título oficial a través de convalidación son: acreditar polo menos de 3 anos cun mínimo de 2.000 horas de experiencia laborar no últimos dez anos, acreditar formación non formal relacionada coas competencias que se queiran acreditar. Ter 18 anos cumpridos para a obtención da certificación do primeiro nivel e 20 anos para os niveis II e III. Os interesados poden solicitar información e realizar a xestión a través do departamento de traballo do concello de Baiona O prazo de inscrición realízase do 1 de marzo e finaliza o 31 do mesmo mes.