Aberto o prazo de inscrición nos cursos para autónomos e desempregados

Imprimir
cursos online_muller

O Concello de Nigrán en colaboración coa Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, abren o prazo para a inscrición nos cursos de formación gratuítos dirixidos, preferentemente, a autónomos que desexen formarse en temas como a prevención de riscos laborais, a información turística e o manexo de carretillas elevadoras.

Estas accións formativas contan cun sistema de formación parte presencial e parte a distancia. Tamén poderán participar unha porcentaxe de desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego. Todas aquelas persoas que queiran inscribirse, deberán cubrir unha ficha que está xa a súa disposición nas dependencias do Departamento de Emprego Municipal, no Centro Antena de Nigrán e na páxina Web do concello.

As solicitudes serán atendidas por orde de entrada no Rexistro Xeral Municipal, sendo necesario un mínimo de 15 alumnos por curso para poder poñer en marcha a actividade. O prazo de inscrición remata o xoves, 1 de marzo de 2012. Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co concello nos departamentos antes indicados e/ou nos teléfonos 986 365 000, extensión 4, e no 986 366 572.