Baiona busca a ocupación hoteleira con prezos máis atractivos

Imprimir

parador baiona

A concellería de Turismo de Baiona reuniuse o pasado venres na sala de comisións do Concello de Baiona, cos representantes do sector hostaleiro da vila, para explicarlles o proceso que se levará a cabo na adxudicación da prestación do servizo de elaboración, desenvolvemento, promoción e comercialización de paquetes tusrísticos para Baiona. O pliego de condicións foi publicado no B.O.P o día 8 de febreiro, e as empresas que desexen concurrir a este concurso terán de prazo ata o próximo 23 de febrerio para presentar as súas propostas.

Esta é unha das actuacións que se están a realizar dentro do marco do convenio firmado o pasado mes de maio de 2011 co Organismo Autónomo Local de Turismo Rías Baixas. A suvención para levar a cabo o proxecto de paquetes turísticos é de 30.000 euros, dentro dunha subvención globlal de 60.482 euros. Dende a Concellería de Turismo de Baiona, animaron ao secto hoteleiro a ofrecer prezos máis atractivos e competitivos posibles, para unha boa consecución do proxecto, co fin de incrementar a afluencia turística a Baiona en tempada baixa, e así contribuir a rompe a estacionalidade que afecta á vila.