11.000 mozos e mozas galegas emigran cada ano

Imprimir

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que "o éxodo de mozos e mozas de Galicia para traballar noutras autonomías constata o estrepitoso fracaso” das políticas económicas do goberno de Feijóo".

 A responsable socialista considera á responsable de Traballo do Goberno galego, Beatriz Mato “absolutamente desconectada da realidade de Galicia” ao ter afirmado que estas migracións son “temporais co obxectivo de acadar formación”.

María José Caride lamentou que o presidente da Xunta non tivera aproveitado a recente remodelación do seu goberno para “tomar a decisión de relevar tamén á responsable da Consellería de Traballo” logo de ter demostrado que “carece por completo de iniciativa”.  

Aludiu así a unha "emigración masiva, en busca de traballo, dos mozos e mozas da xeración mellor preparada da historia de Galicia, xa que en 2010 11.000 galegos e galegas entre 18 e 35 anos saíron desta Comunidade Autónoma". Apuntou ademais que Galicia foi a terceira Comunidade Autónoma en destrución de afiliacións á Seguridade Social durante 2011. 

Interpelación 

Caride interpela a Feijóo para que explique, no Pleno do Parlamento, si comparte as declaracións realizadas pola conselleira de Traballo e Benestar xustificando esta emigración masiva argumentando que se trata de saídas temporais “para mellorar a súa formación”. Reclama tamén que expliquen as medidas que pensa adoptar o Goberno galego para facilitar oportunidades de emprego en Galicia a mozos e mozas. 

Nota de Galicia Confidencial