O enxeñeiro Xesús Fernández presentou o sistema de xestión Lean Manufacturing no IEM.

Imprimir
IMG 0274

 

O traballador como principal valor da empresa así como a planificación e solidariedade á hora de sacar adiante os proxectos foron os aspectos que o enxeñeiro Xesús Fernández (IEM), salientou durante a presentación do Lean Manufacturing, unha ferramenta na mellora da xestión empresarial.  O faladoiro tivo lugar este xoves 10 na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no marco de temas relativos á economía e o traballo desenvolvidos polo IEM neste mes de novembro, que comezara coa TERTULIA do tamén enxeñeiro e economista Ramón Yáñez Brage.

O acto comezou cunha breve introdución do director do IEM, Carlos Méixome, quen destacou a novidade que para a institución ten o eido das temáticas empresarias. Tamén salientou a satisfacción de que un membro do IEM como Xesús Fernández, abrira esta vertente dentro da diversidade de materias que atende o instituto. De seguido, o alcalde de Gondomar Fernando Guitián, presentou a traxectoria do conferenciante, con quen comparte a profesión.

A charla foi seguida atentamente por un nutrido auditorio onde atopábanse ademais de colegas do expositor, empresarios,  concelleiros do Val Miñor, e veciños da bisbarra.