Nesta semana a Xunta convocará a nove procesos selectivos para cubrir 116 prazas.

Imprimir
Pazo-de-Raxoi

Inclúen prazas de persoal especializado en distintos ámbitos da Administración autonómica.

Entre os novos funcionarios que asumirán prazas estarán informáticos, arquitectos, enxeñeiros e letrados.

Tamén haberá postos para os subgrupos A1, A2 e C2 dos corpos xerais de acceso libre.

O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, anunciou esta fin de semana a convocatoria de nove procesos selectivos para cubrir 116 prazas, que "permitirán reducir a temporalidade sen aumentar en ningún caso o custe nin o número de efectivos públicos".

José María Barreiro explicou que estas convocatorias inclúen prazas de persoal especializado en distintos ámbitos da Administración autonómica, entre as que están as relativas ás unidades de informática, pola incorporación e afianzamento das novas tecnoloxías da información.

Ademais, están previstas prazas de arquitectos e enxeñeiros das distintas especialidades pola alta demanda que se require de persoal técnico cualificado, ademais de persoal para a escala de letrados.

Desta maneira, esta semana serán convocadas seis prazas para arquitectos, 16 para enxeñeiros, 23 para informáticos e seis para letrados; ademais de outras 65 para os corpos xerais de acceso libre, distribuídas en 20 para o subgrupo A1, 15 para o subgrupo A2 e 30 para o subgrupo C2.