Convocatoria para unha praza de enxeñeiro técnico de Administración Especial no Concello de Nigrán.

Imprimir
edificio_concello_grua_frente

O Concello de Nigrán fixo unha convocatoria para un proceso selectivo para a provisión por oposición libre, dunha praza de enxeñeiro da subescala técnica de Administración Especial. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do 30 de xuño.

As bases da convocatoria atópanse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 84, do 3 de maio de 2011, e no Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño de 2011.