Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Medio Rural convoca as axudas para o sector do lúpulo

Medio Rural convoca as axudas para o sector do lúpulo

Correo-e Imprimir PDF
O cultivo de lúpulo en España está sufrindo un forte retroceso

.O obxectivo destas axudas é apoiar o establecemento de novas plantacións, a reconversión e mellora das existentes e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do cultivo

A Consellería do Medio Rural ditou unha orde pola que se establecen as axudas destinadas ao sector do lúpulo e se convocan para o ano 2011. O obxectivo destas subvencións é apoiar o establecemento de novas plantacións de lúpulo, a reconversión e mellora das plantacións xa existentes e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do cultivo.

Segundo o informado pola Consellería esta convocatoria parte do feito de que o cultivo de lúpulo en España está sufrindo un forte retroceso nos últimos anos e que, en xeral, as plantacións existentes son moi antigas e as variedades cultivadas non se adaptan ás necesidades actuais do mercado. Rexurdimento da produción en Galicia.

Medio Rural informa que no caso de Galicia, constátase que esta produción, que no pasado tivo importancia en determinadas áreas da provincia da Coruña, está comezando a rexurdir co apoio da industria cervexeira galega e dos centros de investigación da Consellería. Polo tanto, "cómpre, pois, darlle pulo á mesma, de xeito que se cree un núcleo estable de produtores que faga máis rendible a actividade, empregando na medida do posible infraestruturas e maquinaria comúns", afirman nun comunicado.

Na orde publicada hoxe concrétanse os beneficiarios, requisitos e contías para cada unha das tres liñas de axuda (novas plantacións, reconversión e mellora de plantacións existentes e adquisición de maquinaria). En todos os casos, o prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir de mañá, xoves 30, día seguinte ao da publicación desta norma no DOG.