Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Mar de Silleiro estivo presente na 5ª edición de Salimat celebrada en Silleda.

Mar de Silleiro estivo presente na 5ª edición de Salimat celebrada en Silleda.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro Antonio Garrido visitou o posto de Mar de Silleiro na 5ª edición de Salimat
A empresa Mar de Silleiro S.L. que agrupa dende 2005 a un colectivo de percebeiros de Baiona e A Garda, estivo presente na quinta edición de Salimat, evento celebrado esta fin de semana no concello de Silleda. Salimat está considerada como unha plataforma de difusión de primeira orde para dar a coñecer produtos relacionados directamente coas actividades pesqueiras e marisqueiras. Antonio Garrido Pousa, concelleiro de Pesca e Marisqueo de Baiona, visitou o posto de Mar de Silleiro e trasladou o apoio do goberno municipal a esta nova empresa.