Un día máis os traballadores das panaderías Las Mercedes estiveron esperando aos inspectores de Traballo.

Imprimir
A patronal non mantén contacto cos obreiros dende o martes pasado.

Os 25 traballadores en conflito das panaderías Las Mercedes, otro día máis, non recibiron as esperadas visitas dos inspectores do Ministerio de Traballo. Os traballadores manteñen estritamente o cumprimento do seu horario de traballo, aínda que teñen que facelo permanecendo ó carón das portas de ingreso ás panaderías, porque a patronal as pechou sen despedirlos nin dar a baixa da empresa. Unha delegación sindical personouse na mañá deste venres nas oficinas ministeriais a consultar os por ques da demora. A resposta oficial é que "os inspectores teñen dende o xoves as carpetas para facer os informes".

Os obreiros esperan que mañá sábado reciban a esperada visita cós libere destas gardas obrigatorias, e lles permita adicarse a solucionar a difícil situación pola que atravesan as súas respectivas familias.

As gardas estanse a cumprir nas dependencias de Nigrán, A Ramallosa, Baiona e Porriño. Os mestres panadeiros deben concorrer á 1 da madrugada, e o resto dos empregados dende as nove en diante. As quendas cúmprense tal e como se  a panadería Las Mercedes estivesen en normal funcionamento. Sen embargo os traballadores non reciben novas da patronal dende o martes, a pesar de que lles debe 6 meses de salario.