Luns, 18 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía A Panadería Las Mercedes deixa a 25 empregados na rúa, sen despido nin peche oficial da empresa.

A Panadería Las Mercedes deixa a 25 empregados na rúa, sen despido nin peche oficial da empresa.

Correo-e Imprimir PDF

A Panadería Las Mercedes pechou a cal e canto os seus despachos en Baiona, A Ramallosa, Nigrán e Porriño sen previo aviso e deixando a 25 empregados na rúa. A medida non responde a un peche oficial do negocio ante a administración. Dende o pasado martes 14 os traballadores concorren a cumprir o seu horario ás portas de cada despacho, pero sen poder ingresar aos recintos. O sindicato está á espera da chegada dos inspectores do Ministerio de Traballo para que levanten as actas que libren ao persoal desta "garda á intemperie" e podan iniciar os trámites por desemprego. A empresa anunciou verbalmente un ERE por peche patronal pero non remitiu ningún documento aos representantes sindicais nunha reunión mantida este martes 14 ás 18 horas. Dende entón non hai comunicación entre empresa e sindicato.

Para os veciños que habitualmente transitan a rúa Carabela la Pinta en Baiona, os viandantes que a cotío circunvalan o Centro Comercial da Ramallosa, o pasan polo centro de Nigrán, lugares onde se atopan dende hai anos os despachos de Las Mercedes no Val Miñor, notarán non sen sorpresa a presenza dos empregados das panaderías Las Mercedes a carón das portas de ingreso aos seus postos de traballo. O mesmo ocorre en Porriño, onde se atopa un despacho e a central de elaboración, onde a "garda" comeza xa na madrugada coa quenda dos mestres panadeiros. A escena é o remate de máis dun ano de problemas económicos da empresa que decidiu unha estratexia de non dialogar cos traballadores, e acumular unha débeda salarial de 6 meses que agora, segundo informa o sindicato, non pode facer fronte por falta de cartos.

Durante a Semana Santa o sindicato anunciou unha folga que foi desmantelada a pedido da patronal por mor dunha negociación. Na mesma a empresa asumiu por escrito pagar 3 dos 6 meses debidos aos 25 obreiros. Só cobraron dous deles, o resto quedou igual. Ante iso o sindicato convoca a unha folga de 5 días. O luns 13 a patronal informou aos traballadores a través dunha asesora o inicio dun ERE por peche da patronal e cambiou as fechaduras dos despachos para que ningún empregado poda ingresar. O martes 14 patronal e sindicato xuntáronse a fin de falar do ERE. A empresa non presentou documentación algunha o que fixo que os sindicalistas reclamaran a mesma para o seu estudo. O empresario anunciou que ía retirar a documentación á oficina do despacho central, "pero nunca concorreu" anuncian.

O sindicato anunciou que está á espera das inspeccións do Ministerio de Traballo, o que permitirá librar aos empregados a cumprir as quendas á intemperie, pois de momento non están despedidos. Por outra banda, o sindicato iniciará reclamo xudicial polas débedas da empresa, aínda que varios obreiros xa ten tal trámite en proceso dende hai meses. Unha vez cumpridas as inspeccións, os traballadores montaran garda á custodia das maquinarias e demais bens, únicas garantías de poder recuperar o debido pola empresa.