Curso de técnicas de inserción laboral para desempregados en Gondomar.

Imprimir
busca_trabajo
Están abertas as inscricións ao curso "Orienta a túa brúxula: Técnicas de Inserción Laboral", orientado a persoas desempregadas. O curso está coordinado polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Gondomar, é de carácter gratuíto, terá unha duración de 20 horas e buscará proporcionar ferramentas coas que realizar unha pescuda de emprego: curriculum, cartas de presentación, entrevistas, etc. Os interesados deben dirixirse ao CIM Gondomar ata o vindeiro 1 de xuño, o curso comezará o do día 7 do mesmo mes.