Abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño Autocad en Gondomar.

Imprimir
casadacultura

Dende hoxe e ata o vindeiro 14 de abril están abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño técnico Autocad organizado pola Concellería de Xuventude de Gondomar. O curso, de 40 horas de duración, terá lugar do 25 de abril ao 19 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns a venres.

Os interesados deberán dirixirse á Oficina Municiapal de Información Xuvenil (OMIX) na Casa de la Cultura de Gondomar, polo teléfono 986 369 746 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo