Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

VII Torneo Escolar de bádminton do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da xornadaO pasado venres 5 de Maio tivo lugar nas instalacións do Pavillón escolar de Covaterreña, en Baiona, a VII Torneo Escolar de bádmintón do Val Miñor organizado pola Concellaría de deportes que contou coa colaboración da Federación Galega de Bádminton e da Dirección Xeral para o Deporte.

Nigrán acollerá o XXI Campionato Galego de Bolos Celta

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasO Campionato Galego de Bolos Celta na categoría senior masculina chega á súa vixésima primeira edición con 78 participantes provenientes de máis de 20 clubs do Val Miñor. Esta competición, patrocinada polo Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, celebrarase mañá martes 1 de maio entre as 9.00 e as 14.00 horas nos campos do Centro Cultural de Camos Camoesa.

Curso formativo para colaborar no Rally Internacional Rías Baixas, a seu paso polo Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

D-Molinos---2-ClasificadoOs fanáticos dos motores poderán participar como voluntarios na organización do Rally Internacional Rías Baixas. Os interesados poderán asistir a un curso gratuíto que brindará a Escudería Rías Baixas no Centro Antena de Panxón o vindeiro sábado 5 de maio. Durante o mesmo prepararanse cara a labores de información e seguridade a desenvolver durante as etapas da carreira os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño nas carreteiras da bisbarra.

A A. D. Vincios aportará dous competidores á selección galega no campionato español de tenis de mesa.

Correo-e Imprimir PDF

-Os xogadores Daniel Estevez e Lucía Graña, da Agrupación Deportiva de Vincios competirán no Campionato de España de selecciones autonómicas de tenis de mesa.

Campionato Galego Junior de Surf e Bodyboard en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

surf galicia- A proba desenvolverase o vindeiro sábado na praia de Patos.

O motorista Nicolás Otero pecha a pretemporada con bos resultados en Valladolid e Portugal.

Correo-e Imprimir PDF

nicolas-otero-nigranO motorista de Nigrán, Nicolás Otero pechou a pretemporada 2012 cuns excelentes resultados, o primeiro posto no circuíto de Vagos (Portugal) e o segundo no do Rebollar (Valladolid), competicións celebradas nas últimas semanas. No calendario de Nicolás asoma xa a primeira proba do Campionato de España, que se disputará no mítico circuíto de Taboexa (As Neves) o próximo 28 de abril.

Nigrán acollerá a terceira xornada da Liga Galega de Horseball

Correo-e Imprimir PDF

horseball-A competición terá lugar o vindeiro domingo 22 de abril no parque empresarial Porto do Molle.

A Final Provincial do Duatlón Escolar da provincia de Pontevedra dispútase en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

duatlon-val-minor-O vindeiro sábado día 14, a partir das 16:30 horas, o Concello de Gondomar acolle a Final Provincial de Duatlón Escolar.

- Con motivo da celebración desta proba deportiva, a Rúa D.Diego Sarmiento de Acuña permanecerá pechada ao tráfico en horario de 16:00 a 20:00 horas

Coa participación de máis dun centenar de cativos pechou o II Campus Multideporte en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

campus 2_gondomarMáis de 130 nenos participaron no II Campus Multideporte Concello de Gondomar, celebrado os pasados días 2-3-4 de Abril.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL