Os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán serán este sábado 26 de maio o escenario da XXIV edición da Festa da bicicleta do Val Miñor. O evento percorrerá os tres concellos miñoranos e como é tradicional a convocatoria é aberta a tódolos amantes do ciclismo.
Deportes
Nigrán acolle o I Torneo de Pádel Solidario en beneficio das persoas con parálise cerebral
-O torneo celebrarase do 3 ao 10 de xuño nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán.
175 xogadores participaron do I Torneo de xadrez Dani da Rocha Prol, organizado polo Club de Xadrez Laroca.
O pasado 17 de maio tivo lugar en Nigrán un emotivo e emocionante I Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol, dirixido ás categorías de base do xadrez galego (de pre-benxamín ata cadete).
Curso de surf para mozas maiores de 15 anos en Nigrán.
A concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude organiza un curso de surf destinado a mozas maiores de quince anos, co fin de fomentar a actividade deportiva feminina. O curso dará comezo o próximo 29 de maio. Para máis información e inscricións dirixirse ao CIM do Concello de Nigrán, na Estrada pola Vía 65, Panxón, ao teléfono 986383081 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
Unha avaría deixa fóra ao equipo do BMW M3 no Rallye Comarca da Ulloa.
Este fin de semana celebrábase a V edición do Rallye Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 estaba inscrito cos seus pilotos Fernando Silva e JJ Nieves.
Open de Galicia de BTT no monte comunal de Gondomar.
Organizado polo Club Ciclista Bici Verde, o Monte Comunal de San Bieito acolle este sábado, o "V Trofeo BTT Concello de Gondomar", coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de San Bieito.
Fernando Silva e J. J. Neves listos para o Rally Comarca de Ulloa
Este fin de semana dispútase en terras da Ulloa o V Rally Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 formado por Fernando Silva e J. J. Neves estarán na saída do mesmo.
Positivo comezo para os irmáns Varela na V Subida a Oia.
A V Subida a Oia, marcou o comezo do Campionato Galego de Montaña e os pilotos de HVC Escudería non defraudaron, alcanzando ambos os dous un disputado podio.
O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol
-O Club de Xadrez Laroca organiza esta proba inscrita no VII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2012.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL