Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

As Escolas Deportivas de Gondomar clausuran o curso cunha exhibición no Pavillón Municipal

Correo-e Imprimir PDF

foto-patinaje-Aos alumnos faráselle entrega dun diploma e unha camiseta durante o acto, que se celebrará este sábado no Pavillón Municipal.

A Agrupación Deportiva Vincios obtén o XXV Campionato Galego Infantil de tenis de mesa.

Correo-e Imprimir PDF

vincios-infantilOs xogadores da A.D. Vincios coparon o podio do XXV Campionato Galego Infantil disputado en Lugo. Na mesma xornada, disputada o pasado sábado 9 de xuño, os cadetes conseguiron o cuarto lugar da clasificación.

Celébrase a 1ª Xornada Escolar de Ximnasia Rítmica no Pavillón de Deportes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

gimnasia ritmicaA concelleira Natalia Salgueiro informou nesta xornada que o vindeiro domingo, día 10 de xuño, celébrase no pavillón municipal de Gondomar a 1ª XORNADA ESCOLAR DE XIMNASIA RÍTMICA, a partir das 10:30 horas. Próximo a 40 nenas e nenos participarán nesta xuntanza organizada polo ANPA Souto-Donas coa colaboración da Concellería de Deportes de Gondomar.

Inaugurado en Nigrán o I Torneo de Pádel Solidario co colectivo de persoas con parálise cerebral.

Correo-e Imprimir PDF

torneo-paralise-cerebral2-n-Un total de 200 parellas competirán ao longo da semana nesta iniciativa deportiva e solidaria organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebal) en colaboración co Concello de Nigrán e o R.C. Náutico de Vigo.

Excelente acollida no I Trofeo de Tenis Benéfico escolar Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

torneo-benefico-gondomar(2)Máis de 100 cativos dos centros de ensino participaron do I Trofeo de Tenis Benéfico disputado onte no Pavillón Municipal de Gondomar. A actividade ademais de achegar unha xornada de ledicia e lecer nos participantes, permitiu acadar unha importante cantidade de alimentos que serán destinados ao almacén da Concellaría de Benestar Social.

O próximo domingo celébrase o I Trofeo de tenis benéfico escolar Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

7128tenisCoa colaboración da Concellaría de Deportes, o Club de Tenis Gondomar optou pola organización dun torneo benéfico. Os xogadores avalarán a súa participación coa achega de 1 kg de alimentos non perecedoiros, que se distribuirán despois desde a Concellaría de Benestar Social do Concello.

Este domingo o Val Miñor se viste de vermello e branco para alentar aos cadetes do Racing Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF

cadetes-racing-vilarinoLogo dun gran ano deportivo, os cadetes do Racing Vilariño enfrontan as etapas finas do torneo que pode reportarlles a promoción á Liga Galega Sur. O vindeiro domingo 3 de xuño, ás 11:30 horas no Campo de Fútbol de San Pedro disputarán a primeira semifinal contra o equipo de Moaña. O partido de volta será sábado 9 de xuño no Louro. O gañador disputará a final do certame cara ao ascenso.

Resultados da III xornada da I Liga Escolar do Val Miñor de duatlón

Correo-e Imprimir PDF

 

Duatlón escolar do Val MiñorO pasado domingo día 27 de maio, na Praia da Ladeira, tivo lugar a 3ª xornada e última da liga escolar do Val miñor de dúatlon, proba organizada a través da Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, o Clube Ciclista Rías Baixas e o servizo de deportes da Xunta de Galicia en Vigo.

Gondomar recibe a XII edición do Memorial Manuel Barros.

Correo-e Imprimir PDF

memorial-manuel-barrosO vindeiro domingo, día 27 de maio, as rúas de Gondomar serán escenario da 12ª edición da proba de atletismo “Memorial Manuel Barros”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL