Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Baloncesto para todos no Torneo 3x3 no Club de Baloncesto Airexa Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

deporte-basketEsta fin de semana ninguén vai quedar coas gañas de facer "dobres" ou arriscar un "triple". O Club de Baloncesto Airexa Nigrán abre inscricións para participar do Torneo 3x3 a celebrarse o vindeiro venres 17 e sábado 18 de agosto no Pavillón de Deportes Municipal de Panxón. Os xogos admitirán equipos masculinos e femininos a partir dos 13 anos e tamén mixtos na categoría Sénior.

Panxón acolle mañá o primeiro duatlón nocturno que se celebra en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

foto-duatlon-300x199-A proba está organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) en colaboración co Concello de Nigrán. Terá lugar polo núcleo urbano de Panxón a partir das 23.30 horas.

-Deportistas chegados de toda Galicia e de diversas zonas de España participarán neste evento deportivo, cuxa recadación destinar ás persoas afectadas por parálise cerebral en Galicia.

O A. Octavio e o F.C. Porto disputarán este sábado o I Trofeo de Balonmán Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

balonmanDende a Concellaría de Deportes de Gondomar estase a animar aos veciños a retomar o gusto polo balonmán, deporte do que o municipio foi boa canteira de xogadores. Para iniciar aos máis novos na disciplina o Concello convidou á Academia Octavio e ao campión portugués F.C. Porto a disputar un partido este sábado ás 20.30 horas no Pavillón Municipal. O gañador se adxudicará o I Trofeo de Balonmán Concello de Gondomar. Entrada gratuíta.

Abertas as inscricións para o II Torneo de Fútbol Praia "Inter-Playas"

Correo-e Imprimir PDF

futbol-praiaA asociación Ocio y Playa e o Concello de Nigrán celebrarán o próximo fin de semana o II Torneo de Fútbol Praia "Inter-Prlayas" Nigrán-Sanxenxo, nas instalacións de Nigrán Area no areal de Panxón. O torneo contará con dúas categorías, nenos de entre 10 e 15 anos e de entre 16 e 25 anos. As eliminatorias terán lugar os días venres 10 e sábado 11 de agosto, e a gran final o domingo 12 de agosto ás 18.00 horas.

A baionesa Mireya Represa, subcampioa de España de Xadrez

Correo-e Imprimir PDF

Mireya Represa acada o subcampionato español de xadrez na categoría infantilA xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de subcampioa de España de Xadrez na categoria alevin no campionato de España que desenvolveuse no hotel Best Western en Salobreña (Granada) o pasado 2 de Xullo.

Mireya ven de acadar o seu tercer podium consecutivo tralos títulos de campioa de España benxamin nos anos 2010 e 2011. Ase mesmo, conquistou o 9ª posto na clasificación xeral mixta.

II torneo internacional de futbol, Pueblos Hermanos en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

II torneo Internacional de fútbol, pueblos hermanos de BaionaO torneo de fútbol disputarase os días 7 e 8 de xullo en Baiona e participarán xogadores da categoría cadete.

Nigrán acollerá o XXI Campionato de España de Bolos Celta por parellas

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasO Campionato de España de Bolos Celta na modalidade de parellas chega á súa vixésima primeira edición coa celebración do Gran Premio Concello de Nigrán. Nesta ocasión, o Centro Cultural de Camos acollerá a 16 parellas e un total de 32 participantes procedentes de Galicia, Madrid e Asturias.

A Agrupación Deportiva do Val Miñor organiza o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012

Correo-e Imprimir PDF

Valverde-y-Silva-con-organiA Agrupación Deportiva do Val Miñor, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, celebrará os vindeiros días 27 e 28 de xullo, e 1, 2, 3 e 4 de agosto, o primeiro Torneo de Fútbol Sala Nigrán 2012. A competición celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, con máximo de 20 equipos, en horarios compatibles coa xornada laboral, e estará aberta a maiores de 18 anos, e nenos de 16 e 17 anos con autorización dos pais ou tutores, sen ser necesario estar federado.

Apertura de inscricións para unha liga non federada de fútbol sala no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

FUTBOL-SALAA Agrupación Deportiva do Val Miñor abre a inscrición para a tempada 2012/2013 para unha liga de fútbol sala non federada, organizada en colaboración dos concellos de Nigrán e de Gondomar. Os encontros celebraranse nos polideportivos municipais cubertos destes dous concellos. Os equipos interesados en máis información ou en realizar a inscrición deberán chamar ao teléfono 667 263 072. A organización tamén contempla a celebración dunha liga feminina, en caso de haber un mínimo de equipos interesados en participar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL