O Club Urgal e a selección galega acadan o torneo Intercontinental de bolos celtas.

Imprimir
urgal

O pasado fin de semana celebrouse o Campionato Intercontinental de Bolo Celta nos campos de xogo dos Concellos de As Cercas (Gondomar), Praia America (Nigran) e A Ribeira (Baiona).

Participaron dúas seleccións de Arxentina, sa seleccións de Uruguai, Bragança (Portugal), España, Asturias, Galicia, Madrid, Lugo, Pontevedra, Ourense, Coruña, así como diferentes quipos de toda Galicia.

O torneo disputouse nas modalidades de parellas, equipos e individual.

O día 18 foron as fases de clasificación que comenzaron as 09:00h rematando as 21:00h, nos campos de A Palma de Baiona, Praia America de Nigran e as Cercas de Gondomar.

O día 19 foron as finais dende as 09:00h ata as 13:30h, para as 14:00h realizarse a entrega de trofeos nas instalación do Club Bolos Camos en Barreiros S/N, Camos – Nigran, neste acto estiveron presentes os alcaldes de Nigran, Baiona, Gondomar, asi como os Concelleiro de Deportes do Concello de Nigran, Baiona e Gondomar.

As clasificaciones finais do torneo foron as seguintes:

Por equipos:
1º.- Club Bolos B. Urgal
2º.- Selección Española
3º.- Selección Galega
4º.- Club Bolos Medialdea

Por Parellas:
1º.- Alberto González e Cristian Rodríguez (Selección Galega)
2º.- Santiago Martínez e J. Ramón Dios (Club Bolos Medialdea)
3º.- Roberto Paz – Diego Pérez (Selección Galega)
4º.- Sergio Silva – Javier Parada (Cub Bolos B. Urgal)

Individual:
1º.- Cristian Rodríguez (Selección Galega)
2º.- Inocencio Valverde (Club Bolos Xunqueira)
3º.- Roberto Paz (Club Bolos San Cibran)
4º.- Santiago Martinez (Club Bolos Medialdea)