Comeza o II Torneo San Xoán de fútbol sala infantil en Nigrán

Imprimir
presentacion 2015-2016 panxon fs

Disputarase os días 17, 18 e 19 de xuño no Pavillón de Deportes de Panxón. O venres de 17 a 21 horas; e os días sábado e domingo de 9 a 21:30 horas. No torneo participarán xogadores das categorías minis, prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís.

Os cruces terán lugar na modalidade "liguilla" por grupos. As finais de cada categoría se disputarán o domingo. Os participantes recibirán trofeos doados polo Concello de Nigrán.

O público poderá colaborar con alimentos non perecedoiros que serán entregado por O Panxón Fútbol Sala, organizador do torneo a Caritas Nigrán e os servizos sociais do concello.