Sábado, 22 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais Deportes A San Silvestre Solidaria deixa próximo a unha tonelada de alimentos a dispor de Asuntos Socias de Nigrán.

A San Silvestre Solidaria deixa próximo a unha tonelada de alimentos a dispor de Asuntos Socias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sanSilvestreNigran

O Concello de Nigrán celebrou o domingo a súa primeira San Silvestre Solidaria con gran éxito de asistencia.

En total, participaron preto de 500 persoas. Próximo a 200 na carreira de adultos, entre eles o alcalde de Nigrán, Juan González; 10 en infantil de 4 a 7 anos; 56 en infantil de 8 a 12 anos; 20 nadadores na travesía en augas abertas en Panxón e finalmente 88 na andaina.

A inscrición tiña un custe de 3 euros máis un kg de comida non perecedeira ou un xoguete ou roupa, o que supuxo unha recadación de preto dunha tonelada de alimentos que Asuntos Sociais do Concello de Nigrán distribuirá entre as familias máis necesitadas do municipio.

Ao tratarse dunha carreira solidaria non se rexistraron clasificacións. O Concello repartiu gratuitamente perritos quentes entre os corredores e ciclistas e chocolate quente entre nadadores e os participantes nas carreiras infantís.