A Escola Náutica Prado Surf celebra o seu 9º título galego consecutivo por equipos.

Imprimir
Prado surf

-Concello  de Nigrán e Prado surf organizan este domingo en patos un campionato especial que inclúe sesión de bautismo e actuacións

O Concello de Nigrán e Prado Surf organizan este domingo 20 de setembro na Praia de Patos (sede de Prado Surf Escola) un campionato conmemorativo da vitoria que o club logrou en Pantín hai uns días. Ademais, e de forma paralela á competición, haberá un bautismo de surf pola tarde, de 16:30 a 18:30, para todos os alumnos de Erasmus anotados a través da ESN Vigo. Tamén haberá un espectáculo de maxia de Rei Midas e un concerto de rock da banda Blue Monk, ademais de sorteos para todos os asistentes.

Os horarios son os seguintes:

    10:30: Check-in para os participantes no campionato de surf.

    11:00-14:00: Sesión de mañá do campionato.

    14:00-16:00: Comida e espectáculo de maxia de Rei Midas

    16:00 - 19:00: Sesión de tarde do campionato.

    19:30: Entrega de premios.

    20:00: Concerto de Blue Monk.

O campionato está dividido en tres categorías diferentes:

Campionato para surfeiros noveis: dirixido a aqueles surfeiros que están a empezar e que nunca participaron nun campionato de surf. Antes da proba daráselles unha charla aos participantes nas que se lles explicará o funcionamento e as normas que rexen habitualmente a competición. O campionato será en formato ránking, sen eliminacións, no que haberá 2 mangas, das que puntuarán as 2 mellores ondas de cada rolda, saíndo o gañador que teña a puntuación máxima. Dividirase en categorías mixtas para adultos, Sub18 e Sub14. Haberá premios para os gañadores das categorías.

Campionato para groms: Neste caso, a competición rexerase por roldas eliminatorias, o formato habitual nos campionatos de surf. Será un campionato mixto, para mozas e mozos, en categorías Sub18, Sub16, Sub14 e Sub12. O gañador levará un neopreno.

Campionato para monitores: Tódolos monitores de Prado Surf competirán para demostrar quen é o mellor. Neste caso, o sistema da proba será eliminatorio ata determinar o gañador, que tamén levará un neopreno como premio.