Hoxe tivo lugar a presentación das escolas deportivas do concello de Gondomar para o curso 2015/16.
A concelleira de Deportes Nuria Lameiro, o alcalde de Gondomar Francisco Ferreira e o responsable de deportes Xosé Antón Fernández compareceron para informar das actividades que se ofertarán para este curso.
As mesmas foron detalladas nun tríptico informativo adxunto a esta nota