Jose Manuel Gutiérrez estreou a súa conta de vitorias co Club Ciclista Rías Baixas en Asturias

Imprimir
Gallu-Villaviciosa

A constancia de Jose Manuel Gutiérrez desde que o pasado mes de abril ingresou no proxecto do Club Ciclista Rías Baixas atopou o seu recompensa este martes en Asturias. O corredor cántabro impúxose no Circuíto Nuestra Señora del Portal en Villaviciosa ao culminar unha escapada que tivo inicio nos primeiros quilómetros desta clásica puntuable para o ranking Élite e Sub 23 da Federación Española Ciclismo. Con este triunfo, o conxunto nigranés chega lanzado á Volta a Galicia que arrinca este venres en Lugo.

Ao longo da tempada "O Gallu" foi acumulando postos de honor, pero resistíaselle a vitoria. Na última semana lograra a sétima praza na clasificación xeral da Volta a Cantabria e a terceira no Gran Premio de Comillas. A proba de Villaviciosa, de 103 quilómetros, adaptábase ás súas características de escalador e situouse á fronte da carreira practicamente desde o banderazo inicial.