Tralo acordo alcanzado este verán con Baiona de vincular equipos cadetes e junior en ambas categorías arrinca o junior feminino como Airexa-Baiona. Failo cun combinado de xogadoras de ambos clubs e lideradas por Manu Martín e Roberto Canella como segundo adestrador.
Ambos profesionais de prestixio e recoñecida experiencia, Roberto Canella leva anos vinculado tanto ao Baiona como ao Airexa. Non é así o caso de Manu Martín, que inicia unha nova etapa involucrándolles neste novo proxecto.
O combinado Airexa-Baiona xogará en setembro a fase de ascenso a liga galega tras conseguir o ano pasado o título de liga. Ilusión e moito traballo están postos neste proxecto por ambos clubs que traballan de xeito conxunto para facer do baloncesto do Val Miñor algo grande.
Os equipos infantil masculino e infantil laranxa feminino pola súa banda participarán na Copa Outono.
O infantil masculino da man do seu adestrador Jose e Rosi como segunda adestradora comezará a competición en setembro e enfrontaranse contra Salesianos, Baiona e Novobasket.
O infantil feminino laranxa con Manu Martín como primeiro adestrador e Zaba como segundo están no grupo co Celta celeste, Baiona e o Mariano e comezarán a competición en setembro.