Fútbol Sala Internacional en #Baiona

Imprimir
f-sala

A 6ª edición do Torneo Baiña FS congregará a equipos e deportistas Galicia e Portugal durante unha fin de semana de competencias no Pavillón Municipal. O evento organizado polo club anfitrión en colaboración co Concello de Baiona se desenvolverá o día sábado 5 de setembro.

O Baíña FS en colaboración co Concello de Baiona organiza desde fai 6 anos este torneo que ten como fin promocionar o Fútbol Sala na localidade, así como achegar equipos de diferentes zonas de Galicia e de Portugal.

Un torneo que sempre tivo invitados de luxo como o Santiago Futsal, O Parrulo Ferrol, o Poio Pescamar, O Cidade de Ourense, o ADFS Bueu, O Cerveira Futsal, Ponte Da Barca, Afifense FS, o Vigo 2015, en anteriores edicións.

Este ano competirase nas categorías: cadete, xuvenil e sénior, equipos que comezaron a pretempada en agosto

Os cadetes xogará o sábado pola mañá unha liguilla ante o ADFS Bueu de liga galega, o Pecheches e o CD Beade.

O xuvenil do provincial xogará o sábado pola mañá ante o CD Beade e o xuvenil de galega xogará un triangular o sábado pola tarde ante o ADC Anha de Viana do Castelo e ante o Campito FS.

O sénior de liga local xogará un partido contra a Liga Social, e o sénior de Liga Galega contra o SD de Abetos un dos primeiros equipos que se fundaron en Vigo, e en Galicia.

Horarios dos partidos
Sábado 5 de setembro no Pavillón Municipal de Baiona
10:00 TORNEO CADETE (LIGUILLA): BFS MANDUCA - ADFS BUEU - CD BEADE - PECHECHES
10:00 BFS MANDUCA - CD BEADE
10:30 ADFS BUEU - PECHECHES
11:00 BFS MANDUCA - PECHECHES
11:30 ADFS BUEU - CD BEADE
13:00 PECHECHES - CD BEADE
13:30 BFS MANDUCA - ADFS BUEU
12:00 TORNEO JUVENIL: BFS ISOLINA - CD BEADE
16:00 TORNEO SENIOR: BAÍÑA FS LOCAL - LALO´S BRICOMAX
17:30 TORNEO JUVENIL: BFS OS DA PONTE - ADC ANHA - CAMPITO FS
20:00 TORNEO SENIOR: BFS COFFE TIME - CD ABETOS
PALMARÉS : Campións da absoluta
2010: ADFS BUEU
2011: CIDADE DE OURENSE
2012: CIDADE DE OURENSE
2013: SANTIAGO FUTSAL
2014: FS REDONDELA