Mércores, 12 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Deportes Gutiérrez e Estévez do Rías Baixas volveron demostrar o seu bo momento xunto aos profesionais portugueses

Gutiérrez e Estévez do Rías Baixas volveron demostrar o seu bo momento xunto aos profesionais portugueses

Correo-e Imprimir PDF
mortagua2

Os dous xefes de filas do Club Ciclista Rías Baixas repetiron no GP Anicolor a boa imaxe ofrecida o día anterior en Mortágua. Jose Manuel Gutiérrez terminou no posto 35 a 43 segundos do vencedor e Aser Estévez entrou sete segundos máis tarde ocupando a posición número 40.

No sprint final, tras 165 quilómetros de percorrido, Pedro Paulinho (A Aluminios-Antarte) impuxo a súa punta de velocidade na última xornada da Taça de Portugal 2015.

Adrián Avelleira e Kevin Gómez foron os outros dous representantes do conxunto de Nigrán que completaron esta proba á que acudiron todos os equipos profesionais do pelotón luso.

Clasificación xeral da proba: preme aquí