Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes “A correr”: O Nigrán Area congregará a milleiros de deportistas e afeccionados nos areais do municipio.

“A correr”: O Nigrán Area congregará a milleiros de deportistas e afeccionados nos areais do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
nigran area

O domingo 16 de agosto volve unha das carreiras máis clásicas do verán galego, organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor xunto co Concello de Nigrán.

A carreira dará comezo ás 10:30 horas. O prazo para inscricións remata este mércores 12 de agosto ás 23:59 horas. As categorías cadetes e pitufos deben anotarse na na oficina de turismo de Praia América ou na Piscina Mancomunada da Ramallosa. O resto na web da carreira. Poden participar atletas federados e non federados. A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo.

Os circuítos discorrerán entre o peirao de Panxón e Praia América tomando preferente mente a zona húmida dos areais.

Saidas
10:30 Cadetes Femininos/Masculinos (2000/2001) 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos (2002/2003) 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos (2004/2005) 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos (2006/2007) 500 m

11:30 Absolutas (99/anteriores) 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos (2008/2009) 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos (2010/2011) 100 m

Retiro de dorsaís
Os dorsais e chips serán entregados o sábado no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día ata 30 min. antes da celebración da carreira.
Premiacións
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Detalles
Proporcionarase avituallamento ao fin da carreira, haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante e os deportistas poderán empregar as duchas do Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.