Martes, 23 Apr. 2019

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Deportes Aser Estévez do Rías Baixas queda a 13” do líder na xeral trala 2ª etapa da Volta a Toledo.

Aser Estévez do Rías Baixas queda a 13” do líder na xeral trala 2ª etapa da Volta a Toledo.

Correo-e Imprimir PDF
Esti Aginako1

Frenética segunda etapa na Volta a Toledo con protagonismo para Aser Estévez. O xefe de filas do Club Ciclista Rías Baixas foi un dos oito integrantes da escapada que liderou a carreira durante 50 quilómetros. O grupo principal capturou a fuga no tramo final e o guardés entrou en meta a 13 segundos do ganador, o francés Maurelet (Blagnac). Os 145 quilómetros entre Camarena e Guadamur cubríronse en 3 horas e 5 minutos, é dicir, a unha media de 47 kms/hora. 

Nun percorrido que presentaba un continuo sube e baixa, o pelotón rompeuse xa de saída debido á formación de abanicos. Estévez estivo atento para meterse no primeiro grupo e nunha escapada de catro corredores á que despois se sumarían outras catro unidades. Chegaron a gozar dunha vantaxe de 2 minutos no quilómetro 61. O representante da formación miñorana aproveitou para sumar catro puntos en métalas volantes e situarse terceiro nesta clasificación a dous puntos do líder Vidal (Aluminios Cortizo).

A aventura do grupo de cabeza concluíu a falta de 35 quilómetros para o final. Aínda quedaba por diante o porto do Cerro de los Palos, de segunda categoría. Nas rampas desa ascensión, coa cima a 9 kms de meta, sete corredores colleron distanciáronse uns metros que lles serviron para alcanzar a liña de meta con trece segundos de vantaxe. Na xeral, Estévez ascende á 23ª posición a trece segundos do líder Maurelet.

Cristian Mota volveu demostrar o seu gran progresión e entrou a continuación do grupo principal cedendo 2:14 co vencedor e ocupando o posto 32 na etapa. Os outros catro corredores do equipo de Nigrán que completaron o percorrido acabaron a máis de 20 minutos.

Mañá dispútase a considerada xornada reina: 141 quilómetros con dous portos de primeira na parte inicial e final en Villarrubia de Santiago, tras unha constante subida