Alumnos do CEIP Humberto Juanes participaron dunha xornada de baloncesto base co CB Nigrán.

Imprimir

profe-cbnigran-hjuanes

Dentro do programa de actividades de baloncesto do CB Nigrán , o club organizou durante o mes de xuño conxuntamente co CEIP Humberto Juanes unhas xornadas de captación de xogadores e xogadoras. A actividade forma parte da súa filosofía de traballar a canteira nos centros educativos de Nigrán, un tema de vital importancia para o crecemento , sinalan dede o club.



cb-nigran-h-juanes-1As sesións distribuíronse ao longo de dúas semanas, do luns día 8 ao venres 15 e foron destinadas aos cursos de primaria ( 3º a 6º ) alcanzando un total de 200 crianzas, que se repartiron en diferentes sesións nas súas clases de Educación Física. Nese senso, o club agradece o apoio do profesor especialista de Educación Física, Xose Lois, a esta iniciativa do club.

Os alumnos e alumnas dos diferentes cursos gozaron xogando ao baloncesto , coñecendo este deporte da man de Nuria Gómez, directora deportiva do CB Nigrán, pero tamén tiveron ocasión de divertirse facendo deferentes xogos de competición, habilidades, destrezas e coordinación.

As xornadas de baloncesto terán continuidade co Campus deportivo que o C.B Nigrán organiza en colaboración co concello no Pavillón de Deportes de Panxón a semana do 20 ao 24 de Xullo.
Outro dos obxectivos que se persegue con esta actividades é facer crecer a modalidade minibasket no seu tres categorías, baby, benxamín e alevín, ademais de completar e reforzar os equipos federados, sinalan dende o CB Nigrán.

 

A directiva sinala que o club aspira "a formar persoas no deporte da canastra e queren seguir apostando forte por esta disciplina converténdose así nun referente no municipio de Nigrán.

Â