Marta Pereira Otero do CB Areixa de Nigrán integrará selección de baloncesto de Vigo.

Imprimir
marta-pereira

Tralo seu paso polos CETIS, primeiro zonais e despois autonómicos, agora chega a súa chamada para a selección. Marta Pereira Otero disputará o campionato de seleccións zonais representando a Vigo o vindeiro sábado 20 de xuño en Xinzo.


Marta Pereira xogadora do Airexa desde fai tres anos compite na actualidade na categoría benxamín e, con regularidade, ascende á categoría alevín na que ten un papel moi destacado. Isto supón un premio ao traballo que desde fai máis de 10 anos o club Airexa leva realizando en Nigrán e a confirmación de que se está polo bo camiño.
Esta é a segunda vez que unha nigranense consegue tales logros nesta disciplina. Marta Pereira segue así os pasos de Marta Canella, pois ambas xogadoras comezaron a súa andadura no Airexa en categoría prebenxamín. Na actualidade a xogadora do Celta Selmark Marta Canella é ademais a segunda adestradora do equipo junior, flamante campión da liga e foi convocada para xogar coa Selección Española sub 20.