Máis de 100 escolares participaron no torneo de tenis solidario con Desirée Vila en Gondomar.

Imprimir
torneo tenis desiree gondo

A escola de tenis gondomareña chamou a participar do VII Torneo Escolar de Tenis, esta vez co engadido de colaborar economicamente coa campaña de apoio á atleta local Desirée Vila. Anotáronse máis de 120 co xeito de apoiar e participaron próximo a 100 cativos nos xogos desenvolvidos nas instalacións deportivas do Auga de Laxe.

Dende o club amosan a súa alegría pola cantidade de participantes e anuncian que o torneo logrou recadar próximo a 300 euros para a fin solidaria.