Xoves, 22 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes #Nigrán : Prepárase a 5ª travesía a nado en Praia América “Costa Serena”.

#Nigrán : Prepárase a 5ª travesía a nado en Praia América “Costa Serena”.

Correo-e Imprimir PDF
competencia 2014
2recorridolargoPORT
3recorridosinfantiles-300x210
recorridocortoPORT
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

A V edición da Travesía a nado Costa Serena celebrarase o 12 de xullo de 2015 en Praia América (Nigrán), segundo da conta a web oficial do envento, onde poden consultarse detalles así como información e fotografías dos edicións anteiroes. A de 2015 constará de dúas probas de 800 metros e 4.000 metros. Ademais, a partir desta edición, incorporaremos dous percorridos de 50 e 150 metros para nenos. Espérase a presenza de centos de nadadores de todo o noroeste peninsular, pois se trata dunha das citas máis importantes e atractivas do calendario de natación de augas abertas de Galicia.

Competencias
Disputaranse dous percorridos de 800 metros e 4.000 metros, tanto para nadadores federados como non federados. Ademais, haberá dúas probas para nenos de 50 metros (entre 5 e 8 anos) e 150 metros (9 e 13 anos).
A saída e a chegada do percorrido de 4.000 metros e as dúas probas de curta distancia estarán situadas á altura do posto de Protección Civil de Praia América (Nigrán), fronte ás instalacións deportivas Dunas de Gaifar. O percorrido de 800 metros comezará na canle central de saída e chegada das embarcacións con meta no mesmo lugar que a proba principal de 4 km.