Máis de 200 motoristas percorrerán as estradas do Val Miñor na V Volta do Vespamiñor Scooter Club.
O Vespamiñor Scooter Club organiza este domingo a súa V Volta en Vespa e Lambretta pola bisbarra miñorana. O evento proponse reunir esta vez a máis de 200 motoristas de Portugal, Galicia e outros puntos de España. A saída terá lugar ás 10 horas no Parque da Palma nas portas do parador Conde de Gondomar para percorrer 50 quilómetros e chegar sobre as 15 horas ao mesmo punto. Trala actividade terá lugar un xantar de confraternidade con sorteos.
A contorna da Palma será tamén un espazo de visita para todos os curiosos e amantes deste modelos tan populares. Tradición que comezara o sábado 3 de setembro de 2011, cando na súa primeira versión, o Vespamiñor espallou as máquinas na contorna do Porto de Panxón provocando unha multitudinaria asistencia.