Gondomar acollerá un ano máis o parque de reagrupamiento e o percorrido do primeiro tramo entre Chenlo e Morgadáns. Por Nigrán os coches circularán por un tramo clásico entre as parroquias de Vincios e Camos.
Un ano máis, a Escuadra Rías Baixas sitúa o centro operativo do Rallye no Recinto Feiral de Cotogrande IFEVI. A novidade nesta 51ª edición é que o terceiro pavillón do IFEVI acollerá as cerimonias de saída o xoves 28 ás 20.30 horas e a entrega de trofeos o sábado 19:30 h. Os pavillóns 1 e 2 resérvanse para as asistencias de cada un dos equipos participantes e onde o público poderá comprobar in situ o frenético traballo que afrontan cada un deles nos escasos minutos que teñen para revisar e pór a punto os vehículos antes de afrontar as seguintes seccións de carreira.
Parques de Reagrupamiento en Gondomar
Pola súa banda, os concellos de Gondomar e Porriño mantiveron o seu interese en achegar aos veciños a probar deportiva, apoiando a celebración dos parques de reagrupamiento nas súas respectivas localidades; situación que xa se produciu en edicións precedentes.
Os participantes no 51º Rallye Rías Baixas estarán no Parque de Reagrupamiento de Gondomar este venres 29 de maio ás 18:55 horas, tras disputar os dous primeiros tamos do día (Chenlo-Morgadáns e Nigrán). Os vehículos de competición permanecerán diante do concello durante 30 minutos. Posteriormente e tras outra parada nas asistencias do IFEVI, acometerán a segunda pasada ás especiais de Chenlo-Morgadáns e o tramo de Nigrán entre Vincios e Camos.
Os equipos inscritos, chegan a Vigo
A gran maioría dos equipos que confirmaron a súa presenza no 51 Rallye Rías Baixas chegan este mércores a Vigo e os máis punteiros presentarán os seus vehículos en distintos concesionarios da cidade. Neste o caso do asturiano Fran Cima e do madrileño Alberto Monarri. Ambos estiveron este mércores en Vigo nunha rolda de prensa na que mostrarán os seus vehículos de competición e falarán de como chegan a esta cuarta proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto.
Monarri repite un ano máis na Dacia Sandero Rally Cup; unha das copas promocionais máis económicas que hai actualmente no Campionato de España de Rallyes de Asfalto e na que o madrileño é líder indiscutible e un referente para os seus rivais.
Fran Cima, pola súa banda, afronta en Vigo o seu segundo rallye co novo Renault Clio RS R3T. Tras ter unha primeira toma de contacto no pasado Rallye Sierra Morena (Córdoba), o asturiano ten no Rías unha cita crucial xa que este rallye é o primeiro que puntúa na península para a Clio R3T Trophy ibérica; copa promocional que divide o continente europeo en distintas rexións das que en 2016 sairá un vencedor final que se converterá en piloto oficial Renault para o Campionato do Mundo de Rallyes durante seis probas da próxima tempada.
74 equipos
Totalmente lanzado e nunha tempada na que até o momento sumou participacións por vitorias, Miguel Fuster aterrará no Rallye Rías Baixas coa intención de manterse invicto e deixar moi encarada a súa loita polo título absoluto no Campionato de España de Rallyes de Asfalto. O piloto de Benidorm encabeza un pelotón Porsche que está a acaparar os primeiros postos dos rallyes disputados até o momento; pelotón con claro acento galego xa que tras el, sitúanse na clasificación xeral provisional Pedro Burgo e Iván Ares.
Todos eles tratarán de dar o mellor de si nesta 51ª edición do Rallye Rías Baixas, con permiso, está claro, de Sergio Vallejo. Vixente Campión de España e vencedor nas dúas últimas edicións das Rías, de momento Vallejo non puido defender a súa coroa. E é que unha forte saída de estrada no Rallye Illas Canarias obrigou ao seu equipo a realizar un gran esforzo para retomar e practicamente empezar de cero a tempada no Rallye Sierra Morena (Córdoba) disputado os pasados 9 e 10 de maio.
Fronte a todos eles un piloto local que xa sabe o que é gañar aquí. Alberto Meira volve á carga no Campionato de España de Asfalto, encabezando a armada Mitsubishi, marca líder provisional no Campionato de construtores e promotora da Mitsubishi Evo Cup na que nomes como o do asturiano Jonathan Pérez, Cristian García ou Anxo Paniceres volverán soar con forza nas Rías Baixas; tamén o de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro, equipo da localidade coruñesa de Fene e que actualmente ocupa a primeira posición no Grupo N, destinado a vehículos de produción.
No apartado de dúas rodas motrices a novidade será a estrea da nova copa Clio R3T European Trophy, con dous equipos inscritos: o do portugués Joao Ribeiro e o do asturiano Fran Cima. O trofeo da marca gala inicia aquí a súa andaina nesta tempada. Trátase dunha copa continental, promovida por Renault e na que se dividiu Europa en distintas zonas. España e Portugal conforman a rexión ibérica e nela puntúan un total de cinco probas. Os gañadores de cada rexión disputarán a gran final no mítico Rally Monte Carlo de 2016, da que sairá un gañador absoluto que terá a oportunidade de gozar dun programa como piloto oficial en seis probas da próxima tempada no WRC.
En canto ao Campionato de España, o Trofeo de dúas rodas motrices estará encabezado nas Rías Baixas polo potente equipo Suzuki e as unidades que pilotarán Gorka Antxustegui, actual líder da categoría, Santi Cañizares e en principio Joan Vinyes. O andorrano apura a súa recuperación tras un accidente de esquí sufrido hai algunhas semanas. En caso de non poder estar presente, a marca substituirao polo bicampión de España de rallyes Alberto Hevia, como xa fixo no pasado Rallye Sierra Morena.
Igualmente disputada está a categoría R2 (para vehículos de até 1.600cc), de momento co equipo Opel e os seus pilotos Esteban Vallín e Angela Vilariño encabezando esta clasificación e a de pilotos femininos, aínda que moi atentos a Víctor Senra, gañador en Sierra Morena, e ao equipo Rallycar R2 Team, especialmente a un dos seus integrantes: Pablo Pazó. O piloto da parroquia viguesa de Valladares fará valer o seu ritmo e experiencia para ser un óso moi duro de roer co seu Ford Festa R2.
Entre as copas de promoción, ás Rías Baixas chegarán nada menos que nove integrantes da Dacia Sandero Rallye Cup; trofeo low cost que se disputa con vehículos de potencia reducida pero de idénticas características técnicas e que se configura como a porta de acceso para moitos pilotos noveis no Campionato de España de Rallyes de Asfalto.
Todos eles, máis os moitos equipos locais, sempre fieis a este rallye, completan a lista de inscritos da 51ª edición do Rallye Rías Baixas.