O baloncesto mixto medra nas escolas deportivas dirixidas polo Club Baloncesto Nigrán. Comezaron con 6 cativos e outubro pasado no cole Cruz Camos e agora xa traballan en dúas categorías con equipos completos. Dirixidos pola adestradora Nuria Gómez días pasados visitaron o colexio público Escultor Acuña, para celebrar a Festa do Deporte que organiza todos os anos a Anpa deste centro de Coia, en Vigo.
Nenas e nenos disputaron quendas de xogos en categoría baby e banxamín e sobre todo, gozaron "dunha tarde chea de deporte e compañeirismo", segundo dan conta dende o Club Baloncesto Nigrán. A xornada rematou cunha merenda compartida
.