Organizada polo club Arco Hércules este domingo nos montes de Bens en A Coruña, desenvolvíase o segundo encontro puntuable para a liga Galega de bosque 3d. Cunha climatoloxía adversa "moito vento e algo de choiva", dos 98 participantes chegados das 4 provincias galegas, comezarían a proba de 20 dianas a dúas frechas por diana. Refachos, ás veces fortes, dificultarían moito aos arqueiros afinar o tiro nas dianas colocadas algunhas ata os case 40 ou 45 metros de distancia, aínda que a choiva"non seria un problema", aseguran.
O club Serra de Gondomar fíxose con dous podios. Un en arco espido, por parte de Marco Antonio Melon (sénior) con 215 puntos. Tamén Ruben Rodríguez ( menores de 14 anos) acadou primeiro lugar na súa categoría con 215 puntos obtidos.
Outros cinco membros do club Serra de Gondomar obtiveron actuacións salientables: Adrian Vazquez (menores de 14) cun 5º posto en arco recurvo, Miguel Angel Rodriguez (sénior) 19º en arco recurvo, María José Fontán 5ª en arco recurvo (feminino sénior), José Carlos Presa e Diego Presa serian 6º e 10º respectivamente en arco espido sénior.