O Gondomar Club de Fútbol recibe a medalla de ouro do Concello polo seu centenario

Imprimir
medalla-ouro-gondomar-cf

O Concello de Gondomar celebrou onte, xoves día 18 de decembro, pleno extraordinario no Auditorio Luís Tobío para a entrega da medalla de ouro ao Gondomar Club de Fútbol con motivo do seu cen aniversario como institución deportiva. O presidente do Club, Alfonso Mandado, recibiu a medalla de ouro da man do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, nun encontro que estivo acompañado pola actuación dun dueto como clausura do acto. A directiva do Club e antigos xogadores estiveron presentes no acto.