O club de arco Serra de Gondomar acada grandes éxitos no torneo desputado en Pontevedra

Imprimir
podiodani

Organizado polo Club de Arco Teucro, desenvolveuse a Tirada Postal X Trofeo de Navidad FTGA coa participación de 113 arqueros de toda Galicia, puntuable para o ranking Nacional. A actividade comezou no Pavillón de Deportes da Cidade Infantil Príncipe Felipe (Pontevedra), nas primeiras horas da mañá onde o alvein Ruben Rodríguez e o infantil Gabriel Motto obtivero o primeiro lugar para ledicia do equipo Serra de Gondomar.


Tamén pola mañá en senior masculino Marco Melón obtería un segundo lugar para o club na modalidade de arco espido. A primeira grande sorpresa chegaría coa primeira competición de Mónica Ledo, en arco recto quedando a tan só 1 punto do vencedor.
Pola tarde entrarían en competición os arqueros senior das categorías reina, arco olímpico e composto onde o club Serra de Gondomar conseguiu da man de Daniel Motto o segundo posto en arco composto e outra vez a moza Sandra Motto seria primeira en composto feminino.
Entre os dez primeiros nas súas categorías entrarían Ruben Porto e Daniel Lago.