Domingo, 21 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O baionés Adrián Valverde imponse no Trofeo Montes de Eiras de ciclocross

O baionés Adrián Valverde imponse no Trofeo Montes de Eiras de ciclocross

Correo-e Imprimir PDF
adrian-valverde-ciclismo

Adrián Valverde iniciou cunha vitoria o calendario galego de ciclocross. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas impúxose na carreira Élite e Sub 23 do Trofeo Montes de Eiras celebrado este sábado no Rosal. Con este triunfo, o baionés confirma as boas sensacións que demostrou no último mes e medio en probas por todo o norte de España.


Na 17ª edición da cita que abre a tempada de barro na nosa comunidade, Valverde chegou en solitario á liña de meta. Óscar Vázquez e Jose Rodríguez ocuparon a segunda e a terceira praza na categoría Élite. Pola súa banda, Raúl González e Roi Álvarez o escoltaron no podio Sub 23.
A participación do Club Ciclista Rías Baixas en O Rosal completouse co segundo posto de Adolfo Martínez en Master 30, o terceiro de Manuel Otero en Master 40 e a novena praza de Jorge Punzón en Élite.