Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O actual campión galego de contrarreloxo Aser Estévez ficha polo Club Ciclista Rías Baixas.

O actual campión galego de contrarreloxo Aser Estévez ficha polo Club Ciclista Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF
aser3
aser4
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Aser Estévez: “O proxecto do Club Ciclista Rías Baixas transmíteme moita seguridade”

-O corredor guardés foi presentado como novo xefe de filas do equipo Élite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas nun acto no Corte Inglés de Vigo ao que asistiron o o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; Natalia Salgueiro, concelleira de Gondomar; Juan González, portavoz do PSOE en Nigrán; representantes de ABANCA e da Federación Galega de Ciclismo.

Aser Estévez xa loce as cores do seu novo equipo. O actual campión galego de contrarreloxo foi presentado esta mañá en Vigo como a pedra angular do renovado Club Ciclista Rías Baixas para a tempada 2015. Aos seus 26 anos, a súa ilusión por ser o xefe de filas do conxunto Élite e Sub 23 dirixido por Marcos Serrano é máxima: “É unha gran oportunidade e todo un orgullo que un equipo da terra aposte por min deste xeito. Este proxecto transmíteme moita seguridade e agarimo. Veño aportar o meu granito de area para que este club sexa cada vez máis grande”.

“Busco intentar revalidar o título de campión de España de contrarreloxo do 2009 e o outro gran reto será a Volta a Galicia, que é a carreira máis importante para o equipo e tamén para min”, apuntou o ciclista de A Guarda como os seus principais obxectivos para o próximo curso.

Tras catro tempadas nas filas do Supermercados Froiz, Estévez asegurou que decidiu cambiar de aires atraído por “a filosofía do Club Ciclista Rías Baixas, que é moi ambiciosa. Con corredores galegos están cada ano aumentando o seu calendario. Ademais, a base do equipo queda á beira da miña casa e iso sempre é importante”.

O seu novo director, Marcos Serrano, desvelou como se ha fraguado esta incorporación: “No mes de agosto fixemos unha planificación de equipo. Pensamos en tres corredores e o que criamos que máis difícil iámolo a ter está hoxe aquí. Atopámonos a un ciclista que estaba moi receptivo a correr connosco”.

“Quero que sexa a prolongación do que eu busco en carreira”, afirmou o máximo responsable deportivo da entidade, que ve no guardés a unha referencia ideal para os corredores con menos experiencia da plantilla: “A partir de Aser queremos cimentar que os mozos vaian crecendo. O noso principal obxectivo para a nova tempada é mostrarnos cada vez máis como un equipo”.

Pola súa banda, o presidente José Luís Chamorro mostrou a súa enorme satisfacción por este fichaxe: “Ademais de ser un gran deportista, Aser é un exemplo para o resto porque terminou unha carreira universitaria, demostrando que se poden compatibilizar estas dúas facetas. Estando nas mans de Marcos Serrano estou seguro de que vai triunfar na carreteira”.