Marcos Serrano da o salto á dirección do equipo Élite e Sub 23 da institución. Despois de involucrarse a tempada pasada no proxecto do Club Ciclista Rías Baixas como preparador, o redondelano asume a condución deportiva.
Durante quince temporadas no pelotón profesional, Serrano defendeu as cores do Kelme, ONCE, Liberty Seguros e Karpin Galicia. Nos seus palmarés destacan a vitoria de etapa no Tour de Francia 2005, a Milán Turín, a Clásica do Portos, a Volta a Galicia e a participación en sete Campionatos do Mundo coa selección española.
A esta experiencia encima da bicicleta engade nos últimos anos un período de formación como técnico nas categorías base. O ex-ciclista, de 42 anos, é o fundador e máximo responsable da Escola Ciclismo Redondela, un referente no traballo de canteira.