O gondomareño Daniel Motto gaña o torneo sénior de arco San Froilán

Imprimir
daniel moto

O pasado sábado día 27 de setembro o club de arco Serra de Gondomar Vincios viaxou a Lugo para participar no Trofeo San Froilán de Tiro con Arco en Sala. O gondomareño Daniel Motto conquistou o primeiro posto na categoría sénior en arco composto con un total de 566 puntos.

O torneo, que contou con máis de 80 inscritos para as categorías principais de arco, arco composto e arco recurvo, celebrouse no polideportivo Manuel Cordido con dúas entradas de 30 frechas e a unha distancia de 18 metros. O club de Gondomar estivo representado tamén por Rubén Porto e Gabriel Motto, quen sumaron un total de 546 e 543 puntos respectivamente, destacando la labor de Gabriel xa que , sendo infantil, competiu na categoría sénior.