Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Integración: O CB Nigrán presenta o seu equipo xogando un partido en cadeira de rodas contra o AMFIV de Vigo.

Integración: O CB Nigrán presenta o seu equipo xogando un partido en cadeira de rodas contra o AMFIV de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
presentacion nigran basquet

O deporte confirma a súa capacidade para unir xeracións e persoas con capacidades diferentes. O pasado sábado, o Club Baloncesto Nigrán o demostrou ao presentar aos seus equipos nun encontro co Club AMFIV, cuxos deportistas o fan dende unha cadeira de rodas. O acto comezou coa presentación dos tres equipos federados do CB Nigrán: infantil feminino, cadete feminino e xunior masculino, así como o equipo "estrela", o baby-basket integrado por nenas e nenos de 4 a 8 anos. Tamén participaron escolares de diversos centros onde o CB Nigrán desenvolve escolas de iniciación.


Os xogadores dos diferentes equipos amenizaron a presentación ingresando un a un na pista mentres Richi, capitán do CB Nigrán, os nomeaba e describía as características do deportista. Trala presentación, ingresou o equipo do AMFIV para realizar unha exhibición de baloncesto que rematou cun enfrontamento amistoso cos xogadores do CB Nigrán, tamén eles nunha cadeira de rodas.
"Foi un acto entrañable e intenso", sinalan dende o club de Nigrán. A festa rematou cunha degustación de pinchos e refrescos e un momento de confraternidade entre os pais, nais e directiva .