Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Escolares gozaron dunha xornada de baloncesto co CB Areixa e o Bosco Celta en Nigrán.

Escolares gozaron dunha xornada de baloncesto co CB Areixa e o Bosco Celta en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
xornada aberta 2014

O CB Airexa de Nigrán en colaboración co Bosco Celta e o Concello de Nigrán celebrou este fin de semana unhas Xornadas de portas abertas, conseguindo unha gran participación. Todos os colexios da zona estaban invitados ao evento e o club agradece a implicación das familias, pois contaron cunha numerosa presenza de nenos e nenas da comarca que pasaron unha tarde de xogos e diversión acompañados polo corpo técnico dos clubs organizdores.


A xornada comezou cun achegamento ao baloncesto a través de xogos, nos que todos os nenos participaron activamente. Para iso fixéronse grupos en función da idade aos que se asignaron adestradores. A media xornada gozaron dunha merienda para retomar forzas e seguir cuns partidos amistosos. A Xornada clausurouse cun amistoso entre un combinado dos participantes das xornadas e o Mariano.