Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Rovny e Brambilla líanse a tortazos durante a volta ciclista antes de chegar ao Val Miñor #LaVueltaESP

Rovny e Brambilla líanse a tortazos durante a volta ciclista antes de chegar ao Val Miñor #LaVueltaESP

Correo-e Imprimir PDF

Pode ver o vídeo máis abaixoOs ciclistas Ivan Rovny (Saxo) e Gianluca Brambilla (Omega Pharma) peléxanse sobre a bicicleta na 16ª etapa da Volta a España 2014.


Poucas veces viuse algo igual en ciclismo. No inicio do porto de San Lorenzo, na 16ª etapa desta Volta a España Ivan Rovny (Tinkoff-Saxo) e Gianluca Brambilla (Omega Pharma Quick Step) comezaron a darse golpes sen baixarse das súas respectivas bicicletas polo que foron expulsados desta edición da Volta a España 2014

O feito pillou por sorpresa a todos. Nun momento dado o italiano do Omega agarra do sillín ao ciclista ruso, aparentemente sen ningunha mala intención. Ao notar o agarre o ruso solta o brazo cara atrás intentando zafarse de Brambilla quen se pon en paralelo a el e propínalle un golpe en pleno rostro.

↓↓ VIDEO ↓↓

A loita seguiu varios metros, todo en plena ascensión ao porto e descolgándose do grupo de fuxidos no que se atopaban nese momento. Rovny non se achicou e devolveu varios golpes que foron respondidos polo italiano en todo momento. O corredor do Tinkoff mostrou as súas lentes rotas polo golpe recibido a dirección de carreira quen probablemente excluirá a ambos corredores ao final da etapa.

Rifirrafe en twitter
Instantes despois do accidente, o xefe do Tinkoff-Saxo, Oleg Tinkov, publicou o seguinte chío na súa conta oficial: "O próximo golpe virá da nosa parte, IMOS ALBERTO" dirixíndose ao patrón do Omega, Patrick Lefevere. Isto levou a un cruzamento de declaracións para que finalmente o magnate ruso terminase desculpándose co seu homólogo no Omega.

A Volta polo Val Miñor

O próximo día 12 de setembro, La Vuelta pasará por terras miñoranas na etapa 19 entre Salvaterra do Miño e Cangas do Morrazo.

Unha etapa media de montaña, a antepnúltima de La Vuelta 2014, onde os corredores afrontarán dous portos de 1ª categoría no alto da Grova e no alto do Monte Faro, a tan só 19 kilómetros da línea de meta.

O pelotón partirá de Salvaterra do Miño para chegar a Cangas do Morrazo. A hora prevista de paso polo Val Miñor será ás 15:35h e ás 15:41 por Nigrán, para o pelotón de cabeza.

O concello de Nigrán ten organizado para o citado día un "mosaico de bicicletas" na praia de Panxón.

Imaxe da etapa

Etapa 19 - Salvaterra - Cangas do Morrazo