Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Club Ciclista Rías Baixas compite no GP de Mortagua na súa preparación para á Volta a Galicia.

O Club Ciclista Rías Baixas compite no GP de Mortagua na súa preparación para á Volta a Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
CC-Rias-Baixas

O calendario da categoría Élite-Sub23 ingresa no tramo final da tempada e o Club Ciclista Rías Baixas desprázase ata Portugal para apurar a preparación dos seus corredores cara ás citas importantes que aínda restan na súa programación como a Volta a Galicia do próximo mes de setembro.

A escuadra dirixida por Ramón Troncoso participará este venres no GP de Mortagua xunto a equipos profesionais lusos. A formación do Val Miñor presentarase capitaneada polo tudense Gustavo Rodríguez, nunha aliñación que completan Alejandro Santos, Diego Álvarez, Kevin Gómez, David Pérez, Brais Rodríguez, Javier García, Jorge Pérez, Javier González e Pedro Martins.
A decimocuarta edición desta carreira disputarase sobre un percorrido de 107 quilómetros, con catro ascensións de terceira categoría. A cima da última subida puntuable sitúase a 11 quilómetros da liña de meta. O inicio da carreira está marcado para as 14:00 (hora local) en Mortagua e a chegada prevista en torno ás 16:40 na mesma localidade do distrito de Viseu.
O regreso ao país veciño tráelle bos recordos ao Club Ciclista Rías Baixas, que o pasado mes de xullo conseguiu con Jacobo Ucha a vitoria no Circuíto Festas de Lousada. Nesta ocasión o corredor porriñés non viaxa a Portugal co equipo, posto que esta semana atópase en Euskadi rodando en varias competicións do calendario Élite-Sub23 vasco.
.