Luns, 15 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O baionés Adrián Valverde finaliza a súa participación no Campionato de España de mountain bike Sub 23.

O baionés Adrián Valverde finaliza a súa participación no Campionato de España de mountain bike Sub 23.

Correo-e Imprimir PDF
valverde convocado

O ciclista baionés Adrián Valverde completou onte no circuíto de Panticosa (Huesca) as seis voltas da carreira Rally Sub 23 do Campionato de España de mountain bike e cruzou a liña de meta no posto 25. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas foi un dos tres representantes galegos na proba que se adxudicou o biker ourensano Pablo Rodríguez Guede.


O biker miñorano marcou un tempo final de 1:24:47 e cunha volta rápida no seu segundo paso por meta de 13:46. Valverde foi de menos a máis e ao longo da carreira remontou sete posicións.