Sábado, 22 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Últimos días para inscribirse no III Triatlón Popular Concello de Baiona 2014.

Últimos días para inscribirse no III Triatlón Popular Concello de Baiona 2014.

Correo-e Imprimir PDF
triatlon-baiona

O próximo Domingo día 20 de Xullo as 10.00 horas terá lugar no Paseo da Praia da Ribeira en Baiona (entrada ao Parador) o III Triatlón Popular,
organizado pola Concellería de deportes e actividades marítimas e pola Piscina mancomunada do Val Miñor, incluído dentro da programación deportiva deste verán 2014.
A proba consta de tres partes: a primeira, percorrido a nado de 0.5 km, a segunda parte, percorrido en bicicleta estática pedaleando 10 km e a terceira parte, correndo ao redor do Parador, cunha distancia de 4 km.

Estará dividido en dúas categorías mixtas, sub-17 (1997) e adultos.
A participación está aberta a todas as persoas que queiran participar. Para a inscrición, deberán efectuala antes do día 18 de Xullo as 12 horas, e realizar un pago de 3 euros na conta 0075-8960-45-0600265754 (Banco Popular) ou ben facelo efectivo na piscina do Val Miñor. Unha vez efectuado o ingreso, enviar o xustificante xunto coa folla de inscrición por fax, e-mail ou entregar en man na Piscina Mancomunada do Val Miñor ou na oficina de Deportes do Concello de Baiona.