Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Destacada actuación do Club Ciclista Rías Baixas na III Ruta do Albariño.

Destacada actuación do Club Ciclista Rías Baixas na III Ruta do Albariño.

Correo-e Imprimir PDF
cambados
Download this file (1352_clasificacion total FINAL.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Destacado papel do Club Ciclista Rías Baixas na última xornada da Ruta do Albariño disputada este sábado. Kevin Gómez entrou en terceira posición na liña de meta de Cambados e David Pérez adxudicouse a clasificación da montaña. Os dous novos talentos da entidade do Val Miñor finalizaron entre os once primeiros da xeral desta proba para corredores Sub-20.

A terceira e definitiva etapa deste tríptico disputouse sobre un percorrido de 69 quilómetros con saída e chegada en Cambados, e partía con Carlos Cobos (Mutua Levante) confiado na diferenza  de  segundos sobre os seus opoñentes, pero vixiante co seu equipo de que a etapa pelexara no sprint para que non houbese diferenzas na clasificación final. Os intentos de cortar o pelotón foron constantes a cargo de grupos nos que sempre había homes dos primeiros postos na xeral.

Cando se formou diante o grupo máis numeroso con 13 ciclistas, Cobos púxose alerta e el mesmo, en compañía de catro homes integráronse na cabeza, o que motivou o final da loita e a relaxación e resignación dos seus opoñentes para loitar só pola vitoria parcial da etapa en Cambados,  onde , de novo o equipo de Alcoy presentou a súa superioridade con Boronat e Martín, primeiro e segundo por diante de Kevin Gómez.

Na xeral final, David Pérez ocupou a novena praza e Kevin Gómez a undécima. Ambos disputaron as clasificacións complementarias con David Pérez impoñéndose na montaña e Kevin Gómez facendo segundo nas metas volantes.